Xeografía e Historia
Foucellas
Aproveitando que estamos a falar en 4º da ESO da cruenta e inhumana represión franquista no Estado e na Galiza, non podemos esquecernos mencionar a un dos guerrilleiros máis famosos do noso país, e que por riba era de Mesía -o noso concello-.
Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado en 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado en 1952, na Coruña, foi un militante da CNT e guerilleiro anti-franquista.
Ligazóns de interese.
Aquí tedes á vosa disposición algunhas ligazóns de interese para completar o que tratamos na aula.
http://www.aemet.es/es/portada (é interesante para o alumando de 3º interesado en afondar nos climas).
http://www.artehistoria.jcyl.es/ (Páxina moi recomendábel para o alumnado de 1º,2º e 4º da ESO preocupado por ampliar os seus coñecementos históricos e artísticos)
http://www.museodelprado.es/coleccion/galeria-on-line
http://www.museothyssen.org/app/visita_virtual_Coleccion/visita_virtual_es_planta_1.html
http://www.artedehoy.com/html/museosvirtuales.html
(A través das ligazóns anteriores poderedes percorrer virtualmente algúns dos museos máis importantes do mundo)
http://www.educaplus.org/geografia/mun_piramides.html (Nesta ligazón atoparedes información sobre pirámides de poboación)
Biografías históricas do S.XX.
A partir da vindeira sexta feira (venres) 11 de maio, o alumnado de 4º da ESO iniciará as presentacións multimedia sobre diferentes personaxes relevantes do S.XX.
A Revolución Francesa
Aquí tedes un video da Revolución Francesa que é interesante para afondar un pouco máis na cuestión. Que a desfrutedes.
Blogue de 4º de ESO
O noso departamento conta cun blogue para o uso do alumnado de 4º da ESO, onde atoparedes información sobre vindeiros exames, información complementaria, videos, eventos, etc...Aínda que está pensado para o alumnado de 4º invitámosvos a tod@s a botarlle un ollo, se callar achades algo do voso interese...
PROFESORADO
O departamento de Ciencias Sociais Xeografía e Historia está composto no presente curso (2011-2012) polos seguintes profesores:
PROFESOR | CURSOS E MATERIAS IMPARTIDOS |
Manuel Otero Novio | 1º e 2º ESO de Ciencias Sociais e Educación para Cidadanía de 2º ESO. |
Afonso Pena Barreiro (XD) | Xeografía de 3º ESO, Cultura Clásica 3ºESO, Historia 4ºESO, Ética 4ºESO |