Vedra medra continúa no 2º trimestre “Abrindo Camiños”
Desde o pasado 28 de marzo e ata 5 de maio, 61 alumnos/as de educación infantil, 193 alumnos/as de educación primaria e 123 de ESO botáronse ao Camiño para percorrer esta vía ao seu paso polo concello de Vedra con dous itinerarios: a Vía da Prata e o Camiño miñoto-ribeiro.
Ese curso 21-22, Vedra medra. Abrindo Camiños participa no Proxecta “Vexo, veo Xacobeo” e céntrase en educar o alumnado máis cativo (educación infantil e 1º ciclo de primaria) en valores patrimoniais.
Á parte das saídas á contorna, os cativos e cativas de infantil desfrutaron de tres sesións de contacontos que se desenvolveron os días 25 e 26 de abril no centro.
O resto do alumnado do centro sumouse tamén a esta actuación acompañados dos seus mestres/as e titores/as.
Aquí deixamos a memoria gráfica dos nosos camiñantes de camiñada por Vedra adiante.
- Album de fotos de Infantil
- Album de fotos de 2º Primaria
- Album de fotos de 3º e 4º Primaria
- Album de fotos de 5º e 6º Primaria
- Album de fotos da ESO
Coordinadora do EDLG e de Vedra medra