Skip to Content

RESULTADOS DA VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Rematado o proceso de eleccións para renovación dos representantes dos distintos sectores no Consello Escolar, a Xunta Electoral ven de proclamar os candidatos electos.

No Sector de alumnado entran a formar parte do Consello Escolar: Laura Rodríguez, Hugo Vascuas e Abel Seijas.

Polo Sector de nais e pais entra no Consello Escolar Isabel Lobato en lugar de Mayca Rodríguez, que cesou como membro. Continúan tamén Luís Martínez e Raquel Sangiao (respresentante da ANPA)

Polo Sector do Persoal de Administración e Servizos entra no Consello escolar a cociñeira Silvia Fagín en lugar de Pilar Pereiras que cesou como membro.

Polo sector do Profesorado resultaron elixidos como novos membros Raquel Cutrín, Xulia Marqués e Raquel Álvarez. Cesan como membros Mª José Albela, Gloria Ferreiro e Mónica Vilariño.

Lembrar tamén que forman parte do Consello Escolar, Manuel Costa como representante do Concello de Vedra e todo o Equipo Directivo do CPI: Lourdes Luaces, secretaria, Maria Martínez, Xefa de Estudos de Infantil e Primaria, Marcos Taracido, Xefe de Estudos de Secundaria e o director, José Viaño.

O CPI de Vedra quere manifestar o agradecemento pola axuda e colaboración prestada tanto aos membros saíntes como aos novos membros que pasan a constituír o Consello Escolar.

 

 



story | by Dr. Radut