Ana Filgueiras visita o CPI de Vedra
O pasado venres 9 de abril estivo connosco no centro educativo a arqueóloga, Ana I. Filgueiras. O alumnado de 3.º da ESO tivo a ocasión de escoitar o seu relatorio "Camiño e tradición, o oficio de andar" en que investigadora e veciña de Vedra abordou o significado do legado cultural relacionado co Camiño, tanto nos seus aspectos prácticos como simbólicos e outros temas directamente vinculados coa peregrinación e o tránsito que deixaron a súa marca na paisaxe e na alma da xente ullá.
Esta actuación encádrase dentro do programa de innovación educativa Proxecta 20-21. Mirando polo Camiño promovido pola Consellería de Educación e a Dirección Xeral do Patrimonio e do que Vedra medra forma parte co proxecto "De cruces, cruceiros, camiñantes e camiños cara a Compostela".
Xulia Marqués
Coordinadora de Vedra medra