SAÍDA Á CONTORNA DE SEXTO DE PRIMARIA CO PROXECTO VEDRA MEDRA
Vedra medra comeza as saídas á contorna
Vedra medra iniciou o pasado mércores as actuacións fóra do centro educativo co alumnado e o profesorado de 6.º de educación primaria cun achegamento ao río Ulla. A saída didáctica articulouse seguindo dous centros de interese: a pesca fluvial tradicional e o paso en barca de persoas e mercadorías. O percorrido levounos dende Cubelas pola ribeira do río ata Ximonde.