3º ESO: Instrucións para os TRABALLOS sobre “A saúde e a función de nutrición”
UNIDADE 3: A función de nutrición
Tedes que elaborar unha presentación sobre algunha das enfermidades máis frecuentes que aparecen na pax. 65 do libro de texto. Podedes elixir tamén calquera outra que vos interese, sempre que teña relación con algúns dos aparatos e sistemas da función de nutrición.
O traballo debe incluir os seguintes apartados (como mínimo unha diapositiva para cada un deles):
1) Definición.
2) Causas.
3) Sintomas.
4) Tratamento.
5) Medidas de prevención ou hábitos saudables para evitala.
6) Outros datos de interese sobre a enfermidade (historia, curiosidades, algo que chame a atención, etc…)
CONSELLOS: Non incluir moito texto (resumir o máis posible) e acompañar cada apartado con imaxes que aporten información ou sexan relevantes.
Fontes de documentación
Diccionario de medicina: http://dicciomed.eusal.es/
Enciclopedias médicas:
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/medlineplus.html
http://www.webconsultas.com/salud-al-dia
Clasificación de enfermidades: http://es.wikipedia.org/wiki/CIE-10
Wikipedias: (introducir na caixa de búsca o nome da enfermidade):
http://es.wikipedia.org
http://gl.wikipedia.org
PODEDES DESCARGAR este documento en formato PDF na parte inferior deste post ou PREMENDO AQUÍ.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrucións TRABALLOS Saúde_Nutrición_U3-3ºESO_WEB.pdf | 16.53 KB |