INSTRUCCIÓNS SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR
ALUMNADO CURSO 2020-2021
PODERÁN ENVIAR A SOLICITUD POR CORREO ELECTRÓNICO, DEBERÁ ESTAR DEBIDAMENTE CUBERTA E ASINADA PARA NON QUEDAR EXCLÚÍDO/A.
O CORREO ELECTRÓNICO É O SEGUINTE: cpi.dacaniza@edu.xunta.es
Horario de atención presencial: de 10 a 14 horas, na SECRETARÍA DO EDIFICIO DE SECUNDARIA, por orden de chegada, soamente entrará un adulto para entregar a documentación, adoptando as medidas de seguridade pertinentes.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 18 de XUÑO ao 10 de XULLO de 2020 (AMBOS INCLUSIVE)
Teléfono de secretaría: 886 12 00 22
DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN PRESENTAR
- ENTREGARÁN UNHA ÚNICA SOLICITUDE PARA TODOS OS IRMÁNS, DEBIDAMENTE CUBERTA E ASINADA, INDICANDO OS DATOS DO PAI (DECLARANTE), NAI (CÓNXUXE) E OS FILLOS QUE SOLICITAN O COMEDOR ESCOLAR NO CPI DA CAÑIZA, O VINDEIRO CURSO 2020-2021.
- SE OS PAIS ESTÁN DIVORCIADOS E TEÑEN A CUSTODIA COMPARTIDA, DEBERÁN ANOTARSE OS DOUS NA SOLICITUDE DE COMEDOR E SUMARÁN OS INGRESOS DE AMBOS PARA CALCULAR A RENDA PER CÁPITA.
- NA SOLICITUDE ADEMÁIS DEBERÁN CUBRIR A CASILLA QUE CORRESPONDA, (GRATUIDADE TOTAL, PAGAR 1€, PAGAR 2,50€ OU PAGAR 4,50€), SEGÚN OS INGRESOS OBTIDOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR (PAI-NAI), A 31-12-2019. DEBERÁN SUMAR OS INGRESOS DO PAI E DA NAI DURANTE O ANO 2019 E O RESULTADO DIVIDILO ENTRE OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR (PAI-NAI-FILLOS). SEGÚN O RESULTADO FINAL OBTIDO, MARCARÁN A CASILLA QUE CORRESPONDA. PARA FACILITAR O CÁLCULO EN FUNCIÓN DA RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR E DO NÚMERO DE MENORES EN IDADE ESCOLAR DEBERÁN ENTRAR EN ESTE ENLACE:
https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
- SE ALGÚN MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR TEN MINUSVALÍA, COMPUTA POR DOUS, (exemplo: Se son 4 persoas na unidade familiar e un deles ten minusvalía, a división entre os membros da unidade familiar sería entre 5, xa que o que ten minusvalía computa por dous).
- SE OS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR NON OBTIVERON INGRESOS DURANTE O ANO 2019, DEBERÁN MARCAR A CASILLA “GRATUIDADE TOTAL”.
- SE ALGÚN MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR TIVO VIOLENCIA DE XÉNERO, NO ANO 2019, DEBERÁ ADXUNTAR FOTOCOPIA DA DOCUMENTACIÓN QUE O ACREDITE.
- SE ALGÚN MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR TEN DIAGNOSTICADA UNHA MINUSVALÍA IGUAL OU SUPERIOR Ó 33%, NO ANO 2019, DEBERÁ ADXUNTAR FOTOCOPIA DA DOCUMENTACIÓN QUE O ACREDITE.
*Recorden que deberán traer vostedes as fotocopias, xa que o centro non fai fotocopias**