Skip to Content

Or. Secundaria

Obradoiro de Educación Sexual impartido polo Quérote+

Hoxe o alumnado de 3º e 4º de ESO tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro de Educación sexual impartido polas profesionais do Centro Quérote+ de Vigo.

Foi unha sorte ter este obradoiro e coñecer os servizos que estes centros nos ofrecen. Moitas grazas por vir!

I CONCURSO DE CHAPAS POLA IGUALDADE

Este ano como actividade para o 8 de marzo, faremos un concurso de chapas. Os deseños seleccionados serán repartidos o día 8 entre todos e todas as compañeiras de cada aula.
Animádevos a participar e visibilizar as vosas reinvidicacións pola igualdade!

Obradoiro de prevención de condutas adictivas

Esta semana o alumnado de 2º e 3º de ESO participamos nun Obradoiro de prevención de condutas adictivas impartido pola Cruz Vermella.

Puidemos reflexionar e ser máis conscientes entre outras cousas sobre os riscos do abuso do teléfono móbil, das redes sociais e do consumo de substancias.

Moitas grazas á Cruz Vermella por vir!

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Onte día 30 de xaneiro conmemorouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

 O alumnado da ESO nas sesións de titoría lectiva reflexionou acerca da importancia dos coidados e bos xestos do día a día. De como se todas e todos poñemos da nosa parte con pequenas accións estaremos axudando a mellorar á vida dos demais e tamén propiciando unha boa convivencia e unha sociedade máis pacífica. En definitiva, facer deste mundo un lugar mellor. 

E como resultado, crearon as súas propias "Cadeas de favores":

 

 

 

 

OrientaLine: Coñece as saídas académicas e profesionais

O Programa Orientaline é un Programa online moi útil que nos axuda e ofrece información acerca de todos os estudos e as saídas académicas.

 Accede ó Orientaline do CPI Curros Enríquez na seguinte ligazón:

https://www.orientaline.es/?yafxb=88134

 

Z-Millennials. Capítulo 5: O valor da diversidade

 

Bos días a todas e a todos! Hoxe, no derradeiro día do curso 2020-2021, compartimos con vos o último capítulo do noso Podcast: Z-Millennials. Nel falamos con dous alumnas sobre a diversidade afectivo-sexual e familiar, os cambios físicos da adolescencia, a diversidade en capacidades... E cunha gran sorpresa final. Espero que o disfrutedes moito! Vémonos despois do verán coa segunda tempada!

Charla: O bo uso das redes sociais

 

Bos días a todas e a todos! Hoxe compartimos con vós a charla realizada para familias de Educación Infantil e Primaria o martes oito de xuño no CPI Curros Enríquez sobre o "Bo uso das Redes Sociais". Espero que vos sirva de utilidade.

 

Z-Millennials. Capítulo 4: Desmontando a masculinidade

Ola a todas e a todos, hoxe compartimos con vós o cuarto capítulo do noso podcast Z-Millennials: Desmontando a masculinidade. Espero que o vexades e comentedes no vídeo que vos pareceu. Moitas grazas!

Z-Millennials. Capítulo 3: Saúde mental

 

Ola a todas e a todos, hoxe compartimos con vós o terceiro capítulo do noso podcast Z-Millennials: Saúde mental. Espero que o disfrutedes e teñades en conta a importancia da saúde mental. Subscribédevos á canle e deixade algún comentario! Grazas!

Distribuir contido


by Dr. Radut