Skip to Content

Novas

CALENDARIO PROBAS AVALIACIÓN SETEMBRO 2020

No seguinte arquivo adxunto poden acceder ó calendario de probas de avaliación correspondente á convocatoria extraordinaria de setembro do curso 2019-2020, tal como xa se lles comunicou ó alumnado en xuño.

POLA SEGURIDADE SANITARIA DE TODOS E TODAS:

  • É OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLA PARA ACCEDER Ó CENTRO.
  • DISPORÁN DE XEL DESINFECTANTE PARA LIMPAR AS MANS ANTES DE ENTRAR Á AULA.
  • O ALUMNADO NON PODE ACCEDER CON ACOMPAÑANTES.
  • NON ESTÁ PERMITIDO PERMANECER NO INTERIOR DO RECINTO ESCOLAR, POLO QUE DEBERÁN ACCEDER Á HORA QUE LLES CORRESPONDA E ABANDONAR O RECINTO EN CANTO REMATEN.
  • AS FAMILIAS PRECISAN TER CITA PREVIA PARA ACCEDER Ó CENTRO. PARA ELO PODEN CHAMAR POR TELÉFONO OU ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO.

Grazas pola súa colaboración.

 

Animo rapaz@s!!!!!

INICIO DO CURSO PARA ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

Este ano, debido a situación extraordinaria que estamos vivindo como consecuencia da Covid-19, o inicio do curso farase de xeito gradual por cursos:

- Xoves 10 de setembro de 2020: Incorpóranse os/as alumnos/as de 4º e 5º de Infantil e os de 1º , 2º e 3º de Primaria.

- Venres 11 de setembro de 2020: Incorpóranse os/as alumnos/as de 6º de Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Primaria.

O horario será o habitual dende o primeiro día ( de 9:30 a 14:30), salvo para os alumnos de 4º de Infantil, que se atopan no período de adaptación.

Haberá transporte e comedor.

Animo rapaz@s!!!!!

Actividades Ciencias Sociais

Ola a tod@s.  Aqui vos deixo un traballo que busquei en internet é que resume bastante ben todo o traballado ata agora en Ciencias Sociais.  Está relacionado coa prehistoria.  Gustariame que os rapaces o viran, xa que nuns dias colgarei unhas actividades interactivas para que realicen.  Un saúdo

 

https://prezi.com/31wr5on69tv2/opaleolitico-neolitico-e-idade-dos-metais...

BLOGS DE INTERESE PARA TODO O ALUMNADO

Ola a tod@s!!

 

Aqui vos deixo colgado o Blog de 5 anos de Educación Infantil

https://profepekes5.blogspot.com/

 

Saúdos e moito animo

Actividades Ciencias Sociais

Actividades de Música para 3º e 4º de Primaria

Ola!!!

 

Aquí deixo colgadas un ritmograma para que os rapaces práctiquen ritmos na casa.  Un saúdo

 

https://www.youtube.com/watch?v=Wk43IDUQmTk

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut