Primeiro. Convocatoria
Convócanse para o curso 2024-2025 as seguintes axudas individualizadas:
a) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un periodo da súa escolarización ou ao lo longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) non incluido no parágrafo anterior e que requiera estos apoios e atencións educativas específicas.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves da comunicación e da lenguaxe asociado a necesidades educativas especiais para familias numerosas.
Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas, non incluidos no parágrafo anterior.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación reglada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
d) Subsidio de cuantía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA non incluido no parágrafo anterior e que requiera estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Segundo. Beneficiarios
Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.
Asimesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Terceiro. Solicitudes
As solicitudes, tanto de axudas como de subsidios, deberán cumplimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.
O prazo de presentación de solicitudes extenderase dende o 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.
Para acceder á ligazón da Resolución pinche aquí.