Skip to Content

INICIO DO PROCEDEMENTO DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

1. RESERVA DE PRAZA:

Para quen: alumnado que quere continuar estudos de BACHARELATO nos institutos de Redondela.

As solicitudes poderán presentarse  PREFERENTEMENTE de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) SÓ se fará de xeito manual e  presencial neste centro se houbera algunha incidencia que impida facela na aplicación. 

PASOS A SEGUIR unha vez entramos na aplicación:

1. Solicitudes>Reserva> Crear

2. Unha vez introducidos os datos, hai dúas opcións:

         a) Usuarios sen identificar: deberá premer no botón CREAR. A continuación, pode descargar a solicitude e o anexo I bis, que deberá presentar no centro. Tamén pode imprimir o xustificante co código da solicitude.

         b) Usuarios identificados: unha vez gravada a solicitude, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.

 

IMPORTANTE: o instituto que deben reservar depende da modalidade de Bacharelato que queiran cursar:

  • IES Mendiño: Bacharelato Xeral e Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía
  • IES Pedro Floriani: Bacharelato de Artes Plásticas e Bacharelato de Humanidades e CCSS

Prazo: 15 xaneiro a 5 de febreiro

Documentación:

- Anexo I + Anexo I-Bis cubertos (poden atopalos na aplicación)

- Libro de familia do/a alumno/a

 

 

2. SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Para quen: alumnado sen escolarizar e alumnado que cambia de centro para o vindeiro curso.

As solicitudes poderán presentarse tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) como de xeito presencial neste centro.

Prazo: do 1 ó 20 de marzo

Documentación:

- Anexo II cuberto (poden atopalo na aplicación)

- DNI ou libro de familia do/a alumno/a

- Certificado de convivencia da unidade familiar.

- Sentencia de divorcio /separación, de ser o caso.

- Certificado académico, no caso de proceder doutro centro educativo.



page | by Dr. Radut