Skip to Content

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ANPA


ASOCIACIÓN ALCOUBE DE NAIS PAIS DE ALUMNOS

C.P.I. “CURROS ENRIQUEZ”

PAZOS DE BORBÉN.

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA PARA O VINDEIRO VENRES 10/09/2021

socios e non socios

O vindeiro venres día 10 de setembro celébrase a asamblea xeral ordinaria ás 20:00h, sendo a segunda convocatoria as 20:30, no auditorio do concello de Pazos de Borbén.

ORDE DO DÍA

1.Lectura acta anterior e a súa aprobación.

2.Socios: Entrégase documentación para facerse socios e a posibilidade de pagar en efectivo na reunión. Data límite para facerse socios da anpa 29/10/2021 (doc.entregada e pago realizado)

3.Carné de socios.

4.Estado das contas. Pagos, ingresos e seguros.

5.Explicación do euro voluntario que se da no comedor.

6.Aprobar propostas para este ano:

       -Posibilidade de facer un curso de informática básica para pais.

       -Realización de gastos cun importe menor de 150€ sen necesidade de aprobación en asamblea, sendo esta proposta ratificada anualmente.

7. Cesión dunha casa dos profesores a anpa.

8. Recordatorio dos protocolos COVID-19 acadados pola Xunta de Galicia para a volta ao centro escolar e as adaptacións no colexio. Ademáis do protocolo das actividades extraescolares.

9. Plan madruga.

10. Actividades de conciliación familiar.

11. ELIMINACIÓN DE UN PROFESOR DE INFANTIL E UN DE SECUNDARIA (MATEMÁTICAS), PROFESORADO SEN NOMEAR.

12. UTILIZACIÓN DOS RECURSOS DO CPI CURROS ENRIQUEZ PARA SUPLIR AS NECESIDADES DO EEI OUTEIRO (unitaria de Nespereira) por falta de nomeamento de responsable deste centro.

13. Rogos e preguntas.

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR A FAVOR DA INFANCIA EN RISCO SOCIAL.

VOLTA O COLE SOLIDARIA

Tratase dunha iniciativa da anpa , mediante a cal se invita a todo o mundo que queira facer doazóns de mateiral escolar.

Será entregado ao orientador do centro para a sua distribución e así gardar a confidencialidade destas familias.

Pódese doar: lápices, folios,bolígrafos, rotuladores, ceras, mochilas, estoxos….

 

Pedimos desculpas de antemán por non realizar a reunión antes do inicio das clases; pero, debido aos últimos acontecementos, co recorte do persoal docente por parte da administración e as xestión a realizar pola anpa para informarvos non podía ser antes. Do mesmo xeito, pedimos a vosa asistencia para tratar ben este problema que nos afecta a todos.

 

OS ASISTENTES DEBERÁN ACUDIR CON MÁSCARA E SEN NINGUN SÍNTOMA QUE SE POIDA ASOCIAR AO COVID-19. TAMÉN LEVARÁN UN BOLÍGRAFO PARA O SEU USO INDIVIDUAL. ACUDIRÁ UNHA PERSOA POR UNIDADE FAMILIAR. CUMPRIRANSE AS MEDIDAS ADOPTADAS NO AUDITORIO DE DISTANCIA DE SEGURIDADE. A ANPA ENCARGARASE DE TER XEL HIDROALCOHÓLICO PARA A DESINFECIÓN DAS MANS DE TODOS OS USUARIOS QUE ACCEDAN Á REUNIÓN.

 



page | by Dr. Radut