O arquipélago de San Simón está formado polas illas de San Simón e Santo Antón, ámbalas dúas unidas por unha ponte.
Mapa do arquipélago de San Simón.
A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de San Antón por unha ponte. O conxunto de ambas illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.
Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.
Esta pode ser a nosa viaxe para traballar o “Ano internacional da auga”.A illa,aínda que
está ben preto,non é moi visitada polos alumnos deste centro.