Eventos
Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, este martes teremos un contacontos.
Iremos ata o auditorio do concello e será a compañía TRÉMOLA TEATRO, a encargada de facernos pasar un bo intre con "A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS".
-Ás 11:15 h irán os E.I. e 1º,2º de primaria
-Despois do recreo, ás 13:00 h de 3º a 6º de primaria
O alumnado de 1º e 2º da ESO visitará en Santiago o MUPEGA durante a mañán e pola tarde, a feira de educación FPINNOVA na cidade da cultura, promovida pola Xunta de Galicia.
Un ano máis os alumnos e alumnas de 6º de primaria , 1º e 2º de secundaria iremos pola mañán ao MUPEGA e pola tarde ata o Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Santiago, para gozar dun evento que vira sobre as novas tecnoloxías e proxectos de innovación aplicada .
A visita permitiranos tamén poder participar nos diferentes talleres que se organizan sobre temas como creación de videoxogos, drone soccer, realidade virtual e aumentada,impresión 3D láser ...
Nesta ocasión a biblioteca de Pazos tennos preparado uns contos no auditorio do concello.
Será ás 13:00 horas e poderemos asistir os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria.
A actividade leva por título "RAPOSADAS" e estará dirixida por Raquel Queizás.