Skip to Content

Visitamos a Real Academia Galega

Os alumnos de Cerceda estamos orgullosos de ter gañado o concurso do Correlingua 2010 e de que a nosa pancarta vaia estar exposta na Real Academia Galega. Queremos lembrarnos dos nosos compañeiros de 4º da E.S.O. do ano pasado e de Ana Sogo, xa que foron os que a crearon.

Grazas por darnos a posibilidade de traela para a Real Academia Galega. Estamos orgullosos de que quede aquí porque vaise gardar ao lado dos documentos máis importantes do galego.

Todas as persoas que veñan visitar a Academia, van vela e van saber que os alumnos e alumnas de Cerceda amamos o galego.


A forza do noso amor” era o lema do Correlingua 2010. A forza do noso amor polo galego únenos aos persoeiros que loitaron pola nosa lingua, e seguen loitando coma vosoutros e vosoutras, os académicos.

Todos nós seguiremos falando galego, dando exempo aos rapaces da nosa idade de que é bo falar o noso idioma.

O GALEGO É O NOSO TESOURO!
O GALEGO CONTA CON NÓS
!


page | by Dr. Radut