Desde hai dez anos, o 14 de xuño conmemorase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.
O alumnado da materia Proxecto Competencial de 3º da ESO deu a coñecer un pouco máis esta lingua coa actividade “Agasallámosche un signo”, durante o recreo. A rapazada que se achegaba polo posto podía preguntar por palabras, que eran devoltas coa lingua de signos.
O obxectivo desta actividade foi visualizar o traballo realizado na materia ao longo do curso. O intercambio de palabras por signos foi moi frutífero.