Eleccións Consello Escolar curso 21/22
Cada catro anos hai eleccións ó Consello Escolar. O ano pasado adiáronse ata este curso. O Consello está formado por representantes do alumnado, profesorado, familias e Concello.
O venres 29 de outubro ás 12:00 h realizarase un sorteo público entre o censo de nais e pais do alumnado matriculado. Sairá unha persoa titular e unha suplente, unha delas formará parte da xunta electoral que rexirá o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar.
Representante das familias
- Mª José Mouriz Diéguez
Representante do profesorado
- Patricia Lorenzo Fernández
Do día 3 ao 12 de novembro está aberta a admisión de candidat@s.
Deberedes presentar o documento adxunto cuberto na secretaría do centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Prazos.pdf | 209.94 KB |
Candidatura do 3 ó 12 de novembro.pdf | 315.37 KB |
Nomeamento de candidatos.pdf | 256.19 KB |