Os sentidos
Os sentidos
Durante o primeiro trimestre o alumnado de 5ºB de Educación Primaria traballou e experimentou cos cinco sentidos. Para iso, de forma grupal, tiñan que taparse os ollos uns a outros e ir adiviñando diferentes sonidos, olores, sabores, texturas... de diferentes obxectos e alimentos traídos da casa. Finalmente, para o sentido da vista fixemos a actividade ''O cego vai ao baile'' na que o alumnado debía de bailar por parellas, un deles/as cos ollos tapados. Isto tamén nos serviu para reafirmar a confianza nos nosos compañeiros/as.