Competencia Científico Tecnolóxica
Créditos iniciais e finais da curtametraxe.
Escornabots.
Seguimos xogando cos Escornabots, na primeira foto o xogo das Carreiras e na segunda foto o xogo das Cores.
Robótica: Escornabots e Blue Mouse.
O alumnado de Infantil B, todo o primeiro trimestre e parte do segundo estamos traballando nun obradoiro de robótica, de unha sesión á semana (sábelles a pouco). Antes de iniciar as actividades programadas, realiamos diferentes xogos simulando que éramos robots, un compañeiro/a o era e nós o programador, cunha chuvia de ideas establecimos que entendemos por robots, robótica. Presentei dous modelos diferentes o Escornabots, que ten actividades enfocadas a lectroescritura, matemática, lóxica... e Blue Mouse está máis enfocado a programar un percorrido e facelo.
VIAXE A CANTABRIA - TRABALLO CON MAPAS TOPOGRÁFICOS
Enviado por Anónimo o Xov, 03/05/2018 - 12:25VIAXE A CANTABRIA - TRABALLO CON MAPAS TOPOGRÁFICOS
Con motivo da viaxe a Cantabria do alumnado de 3º de ESO, estivéronse facendo na aula traballos previos con mapas topográficos dos lugares a visitar, así como o traballo coas diferentes escalas e medicións, a través da páxina web do Instituto Xeográfico Nacional, e cos perfís topográficos sacados a partires dos diferentes mapas.