Secretaría |
|
||||||||||||||||||
No arquivo adxunto poden consultar o alumnado de ESO que definitivamente recibe libros do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018. Aos alumnos que lles corresponden libros de "adquisición complementaria", mercarállelos o centro se fose preciso. As familias deberán comparar os libros que reciben co listado de libros para o curso e mercar o que cumpra. Todo o alumnado comprará o Workbook de inglés e o Cahier de exercices de francés se o necesitan. |
|||
Está aberto o prazo, ata o 28 de setembro de 2017, para solicitar axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Para máis información poden clicar no seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha.html |
|||
No arquivo adxunto poden consultar o alumnado que definitivamente recibe libros do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018. En 3º e 5º EP, aos alumnos que lles corresponde un libro de "adquisición complementaria", mercarallo o centro se fose preciso. As familias deberán comparar o que reciben co listado de libros para o vindeiro curso e mercar o que cumpra. Todo o alumnado comprará o Workbook de inglés. As listaxes definitivas de ESO non sairán ata setembro, logo da avaliación extraordinaria e o correspondente período de matriculación.
|
|||
Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de Educación Primaria e ESO no Fondo de libros 2017/2018. O prazo de reclamación rematará o 14/7/2016. A partir desa data, sairán as listaxes definitivas de Educación Primaria; as de ESO non estarán dispoñibles ata o mes de setembro, despois da avaliación extraordinaria.
|
|||
A Consellería de Educación vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos e suplentes na convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Para consultar estas listaxes e as instrucións a seguir en caso de figurar nelas, poden consultar o enlace que segue: https://www.edu.xunta.es/axudasle/
|
|||
A Consellería de Educación acaba de publicar as listaxes provisionais de alumnos seleccionados e suplentes, ordenados por puntuación, para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras neste ano 2017, así como a listaxe de solicitudes que precisan enviar documentación. Para consultalas, poden entrar nos adxuntos ou na web https://www.edu.xunta.es/axudasle/
|
|||
Na web http://www.edu.xunta.es/axudasle xa poden consultarse as listaxes de solicitudes admitidas, excluídas e necesitadas de emenda. Tamén poden verse no taboleiro principal do centro. O prazo para a presentación de reclamacións ou renuncias e emenda de erros ou falta de documentación é de 10 días naturais. |
|||