matemáticas doces
Chefs
Para rematar a unidade de medidas de lonxitude, peso e capacidade, realizamos un obradoiro de repostería xunto aos compañeiros de 5ºB. Tivemos que seguir as instruccións e fixarnos á hora de pesar os ingredientes ademais de atender a cantidade que traian os paquetes.
Pasámolo moi ben. Velaquí unha mostra da nosa experiencia.