As matemáticas captadas nunha fotografía

Concurso fotográfico matemático

 

 

Os departamentos de Ed. Plástica e Matemáticas convocaron no 2º trimestre  o Concurso  fotográfico  matemático2015. Imos a explicalo:

En qué consiste?

Tomar unha imaxe fotográfica que faga referencia a un concepto relacionado coas Matemáticas.

Descargala e enviala ao seguinte email: concurso.fotografico.mates@gmail.com . En dito email especificarase:

1.- Título da fotografía

 

2.- Breve descrición da idea que se quere reflectir coa fotografía.

 

3.- Nome completo, curso e grupo do autor/a da mesma (só unha persoa)

 

4.- Lugar físico onde foi tomada a imaxe.

 

Unha persoa pode enviar máis dunha imaxe.

Serán automáticamente descalificadas aquelas fotografías que non sexan orixinais do autor (é dicir, descargadas da rede ou calquera outro lugar).

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión