Cálculo mental
A MULTIPLIRULETA DE 3ºB
Enviado por csanvicente o Mar, 13/06/2017 - 10:38Elaboramos unha máquina moi singular, se foi divertido facela moito máis é poñela en funcionamento! Cada día facemos cálculo mental durante uns cinco minutiños antes de comezar as clases de matemáticas, esto axudanos a centrarnos e aprender as taboas de multiplicar de xeito lúdico. O certo é que deu moi bo resultado e os nenos e nenas que aínda tiñan certa problemática coa aprendizaxe das táboas conseguiron resultados espectaculares. Esperamos que vos guste a nosa máquina e vos animedes a facer unha propia!
QUECEMENTO DO MIOLO
Enviado por csanvicente o Mar, 13/06/2017 - 10:29Cada día quecemos o motor co cálculo mental. Os nosos compañeiros elixen uns factores ao chou que nos colgan no lombo e que non podemos ver. A continuación dinnos o producto deses factores e nós debemos adiviñar de que factores se trata e outros posibles factores que tamén den coma resultado ese producto.
O xogo das cifras
Nos grupos de 2º ESO e 3ª ESO dedicáronse dúas sesións a reproducir cos rapaces e as rapazas o popular xogo televisivo das cifras. Consistía no seguinte: