1ºA

XOGOS ONLINE: ósos e músculos

Preme na imaxe para acceder ao xogo.

O CORPO HUMANO: as partes do corpo

Para practicar o aprendido sobre as partes do corpo humano, preme nos seguintes xogos.

XOGO 1

XOGO 2

XOGO 3

TALLER MATEMÁTICO: Maior e menor

Este venres estreamos "taller matemático", e fixémolo traballando os conceptos de maior e menor, para iso usamos plastilina e démoslle forma para despois practicar os nosos coñecementos sobre isto.

XOGOS ONLINE: aprendemos a ler

Este curso, os que aínda non sabemos, imos aprender a ler, e os que xa sabemos, imos aprender a facelo cada vez mellor. Cando xa dominemos a lectura, poderemos ler eses libros que contan historias de piratas, princesas guerreiras, mundos fantásticos...que ganas!!! Para isto, ademais do traballo na aula, pódemonos axudar con algún xogo online aos que podemos acceder premendo en cada un dos seguintes enlaces.

XOGO 1

CURSO 2015/2016

Comezamos un novo curso: estreamos etapa, estreamos profe, estreamos aula...cantas novidades!

Moitas cousas imos aprender este curso, ímoslle dar a benvida cunha canción!

 

 

(Preme na imaxe para acceder á canción)

 

Marcapáxinas

Os alumnos e alumnas de 1ºA fixemos o noso propio marcapáxinas para cando lemos un libro saber sempre onde imos. Para ver máis, fai doble clic na seguinte foto.

acuario do cabaliño de mar

O alumnado de 1ºA e 1ºB estivemos a facer o noso propio acuario. Con area de verdade e cunchas e pedriñas. Pintamos as algas e tamén os peixiños, pulpos, medusas e por suposto cabaliños de mar. Ata semella que nadan e todo!!!!

fai doble clic na 1ª foto para ver máis!!

       

Excursión a Apípolis

Este ano, como excursión de fin de curso, o alumnado de 1º e 2º de primaria fomos a Apípolis, un Centro para a Comprensión das relacións entre os seres humanos e as abellas. onde aprendemos moitas cousas interesantes das abellas, a importancia que teñen na conservación do medio... así como os diferentes estamentos nunha colmea (raíña, obreiras...), a facer galletas de mel, a facer candeas coa cera das abellas...

Para ver todas as fotos fai dobre clic na primeira.

 

Distribuir contido