1ºA |
O 26 de abril 1ºA e 1ºB fomos ao Aeródromo Militar de Santiago. Aproveitando que estabamos co Proxecto dos Medios de Transporte fixemos un pequeno recorrido. Saímos do centro en autobús ata a Estación de Autobuses de Noia que nos levou ata a Estación de Ferrocarril de Padrón con dirección Santiago de Compostela. De alí ata Lavacolla ao Aeródromo Militar. Utilizamos dous medios de transporte públicos e no Aeródromo entramos dentro dunha avioneta pequena, xogamos a conducila. |
|||
Os alumnas e alumnos das aulas de 1º A e 1º B tiveron un papel moi importante na II Feria tradicional do CPI Cernadas de Castro. Estiveron rotando para atender o posto dos bolos preñados de chourizo, coa guia das súas titoras. Moitos clientes felicitaronnos polo bo facer. |
|||
Volvemos de Madrid do noso viaxe imaxinario, o medio de transporte utilizado esta vez foi o tren. A diferencia do avión descubrimos que tarda moito máis, custa menos e podemos levar máis cousas. |
|||
Os nenos e nenas de 1º A estamos traballando no Proxecto dos medios de transporte. Unha das actividades relacionadas foi realizar unha viaxe imaxinaria. Entre todos decidimos a onde ir, por votación popular escollimos Madrid. O medio de transporte, o avión. Observamos diferentes precios entre varia compañías áereas, o peso da maleta, a hora de embarque, cómo movernos por un Aeroporto (as sinais)... |
|||
@s alumn@s de 1º e 2º de Primaria traballaron moito para facer este vídeo no que recordan a importancia da celebración da paz. |
|||
|
|||
Para rematar o curso e a maneira de despedida, todo o primeiro ciclo de Primaria decidiu facer unha camiñada dende Toxosoutos a Cabanatán. O calor apertaba, mais non decaemos e o esforzo tivo a súa recompensa. Clicade e veredes as fotos.
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »