Elaboración de fichas de animais.

   

Cada neno e nena da aula aprenderá máis sobre os diferentes animais estudados na aula elaborando unha ficha sobre un deles na que farán constar o nome común e científico do animal escollido, clasificación, tipo de respiración, nutrición, reprodución e curiosidades destacables do mesmo. Así, primeiro, realizarán un traballo de investigación e recopilación de datos e despois de organización e montaxe, para, finalmente facer unha exposición dos seus traballos ao resto dos compañeiros.

Igualdade, Convivencia e Inclusión