Edu-Sostibilidade

PROGRAMA EDU-SOSTIBILIDADE

O centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). (EDUsostibilidade)

A transición ecolóxica constitúe un dos núcleos centrais da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e doutros organismos internacionais para os vindeiros anos. A transformación cara a unha economía sostible desde o punto de vista medioambiental, circular e climáticamente neutra, ten un carácter transversal, polo que depende do compromiso de todos os colectivos da sociedade.

 

Neste sentido, débese garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sostible e, paralelamente, fomentar a sensibilización, a concienciación e a educación de calidade, xa que son fundamentais de cara a formar unha cidadanía que participe activamente para afrontar o cambio climático e garantir un desenvolvemento sostible.

Distribuir contenido