Edu-Sostibilidade

CELEBRANDO O DÍA DA AUGA

 

O alumnado de 6 de E.I. estivo, durante o 2 trimestre, investigando sobre a auga ( elemento natural imprescindible na vida das persoas).

Durante o proxecto realizaron:

_ Saída polos arredores do colexio para complementar os contidos abordados. Visitaron unha fonte, un rego e un lavadoiro onde poideron lavar unha peza de roupa. Levaron á práctica os coñecementos que  lles contaron as avoas, no encontro que tiveron con elas na súa aula, sobre o traballo de lavar a roupa nos seus tempos.

_Redactaron unha noticia sobre a auga na súa contorna, na semana da prensa.

_Como  peche do proxecto e para celebrar o día da poesía e da auga, realizaron a actividade do "Apadriñamento lector", onde escoitaron  da voz do alumnado de 5 de E. P., poemas de diversos autores que estaban relacionados coa auga.

CONSUMIDORES RESPONSABLES: A PATRULLA VERDE

 

O equipo "A patrulla verde", formado polo alumnado de 6 de E.I.estivo, durante o 2 trimestre, investigando os medios que están ao seu alcance para coidar o planeta e tamén a súa contorna:reducindo resíduos, reciclando e reutilizando.

 

Para sensibilizar ao resto da comunidade educativa e a veciñanza da necesidade de coidar da contorna, deseñaron unha pancarta que presentaron no desfile do entroido e agora colocaron no recinto escolar.

Distribuir contenido