Iguala-T

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Pola semana do amor e da amizade, fixemos varias actividades que podedes ver premendo no vídeo.

 

LECTURA EN FAMILIA: MIMI E A XIRAFA AZUL

No seguinte video podedes ver como debuxamos a Mimi  e a xirafa azul, conto que nos veu a ler Cristina, a mamá de Lara.  Un conto no que se traballa a diversidade e do que aprendemos a respetar a todos por igual.

 

LECTURA EN FAMILIAS: PEDRO E O LOBO

Na aula de 4 anos seguimos coa lectura en familias. E xa fai unha semanas que nos visitou Cristina a nai de Diego para contarnos o conto: Pedro e o lobo, do que aprendemos moitas cousas.   E despois da lectura seguimos a facer a actividade creativadade que temos encomendada. Disfrutamos moito e deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade.

 

LAS LITERATAS. CARTA A EDUARDA, ROSALÍA DE CASTRO

El alumnado de 4° da ESO realizou, na materia de Lingua Castelá, unha tertulia literaria sobre o texto "Las literatas. Carta a Eduarda" de Rosalía de Castro.

Este texto trata varios temas, pero nós centrámonos sobre todo en analizalo en tanto que é un texto pioneiro do feminismo en tanto que expón a situació n das mulleres escritoras da época.

IGUALA-TE NA AULA MAKER

Un dos principais obxectivos da aula creativa é a coeducación. Ainda que se trata dun espazo de liberdade, hai pequenos xestos que poden axudar a compensar as presións sociais que dirixen aos nenos cara a ocupación do espazo, o exercicio físico activo, etc; mentres que dirixe ás nenas ao xogo simbólico de coidados e á ocupación periférica do espazo.

Xestos como cambiar a posición dos recunchos de actividades, cambiar estratexicamente a distribución do espazo, coordinar as quendas e outros, fomentan o xogo libre o máis lonxe posible dos estereotipos de xénero.

 
Distribuir contenido