Inclúe-T

A INDIA: CELEBRACIÓNS MÁIS IMPORTANTES

Como xa vén sendo costume no noso centro, aproveitamos a sorte de ter unha auxiliar de conversa para achegarnos pouco a pouco á súa cultura. Así, esta vez tocou aproximarnos ás principais festividades da India: Duwali, Holi, Dusshera, Independence Day, Republic Day, Lohri e Gandi Jayanti foron as celebracións sobre as que aprendemos un pouco.

Proximamente afondaremos máis nunha delas. Cal será?

DÍA DE ROSALÍA EN 4º DE EI

Fai uns días celebramos o día de Rosalía, e esta data para nosoutros é moi importante. Estivemos traballando en moitas actividades que empezamos a amosarvos enseguida. Algunhas ainda as estamos rematando pero próximamente as ensinamos.

Neste vídeo fixemos o xardín de Rosalía. A primeira tarefa foi debuxar un xardín cheíño de flores para despois poñer a silueta de Rosalía enriba.  Seguro que se o vira Rosalía íballe encantar. E a segunda actividade foi a participación nun mural grupal de todo o centro ó estilo Andy Warhol.

PROGRAMA INCLÚE-T

INCLÚE-T

Falar de inclusión educativa supón identificar, eliminar ou minimizar, de ser o caso, as barreiras que, derivadas de condicións persoais ou sociais do alumnado, poden limitar o seu proceso de participación e aprendizaxe no centro ou na aula. Unha escola inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas e se estimulan as capacidades e responsabilidades sociais, traballando en colaboración coas familias e outros membros da comunidade.

4.1. Descrición da actuación

Conxunto de medidas que fomenten e melloren a inclusión nos centros educativos, dirixidas á atención á diversidade, á inclusión educativa e social de todo o alumnado, á mellora das necesidades educativas do alumnado de altas capacidades, ao respecto aos diferentes ritmos de aprendizaxe, á identificación e promoción dos talentos do alumnado, á colaboración con asociacións que traballan na diversidade funcional, ao fomento de recreos igualitarios e inclusivos, ao desenvolvemento de dinámicas de traballo cooperativo, á creación de escolas de nais e pais, e outras medidas semellantes vencelladas á diversidade que pon de manifesto a pluralidade do alumnado.

4.2. Obxectivos

a) Favorecer a inclusión dos colectivos máis desfavorecidos, como o alumnado inmigrante, o retornado ou que está en risco de exclusión social.

b) Promover estratexias que fomenten a inclusión e a equidade educativa.

c) Identificar e potenciar as diversas habilidades  ou competencias do alumnado.

Distribuir contenido