Actividades de infantil
APRENDEMOS A PROGRAMAR EN 6º DE E.I.
Aprendendo a traballar con DOC, o robot, ao tempo que traballamos imaxes do inverno.
»
UN DÍA CON ESTRELA
Na aula de 3 anos estivemos uns días máis traballando con Rosalía de Castro. Soubemos que a flor do pensamento era unha das flores que a ela lle gustaba e nós decidimos reflexada tamén na nosa actividade. E como o día de Rosalía, é un día con estrela, nós fixemos un ceo cheo de estrelas e no centro a imaxe da estrela máis grande, unha imaxe de Rosalía. Esperamos que vos guste!!
DÍA DE ROSALÍA EN E.I.
Estes días pasados nas aulas de E. Infantil recibimos a visita de Rosalía de Castro. Recitamos algúns dos seus poemas e escoitamos e bailamos aqueles musicados por varios/as autores/as ("Negra Sombra" e "Maio Longo")