Xerais do centro
LETRAS GALEGAS
O día 13 de maio celebramos o día das Letras Galegas. Houbo recitado de poemas, lendas, música e cancións de Lois Pereiro e outros autores traballados nas aulas durante o curso. Na foto os alumnos e alumnas de educación infantil están cantando "A Vaca Marela".
XUNTANZA de PRIMARIA "O ALUMNADO É O PROTAGONISTA" (Axenda 21 Escolar)
As nenas e nenos de 2º e 4º de Primaria participamos na Xuntanza "O alumnado é o protagonista" organizada por Axenda 21 Escolar que tivo lugar o día 23 de maio no CEIP de Xermade. Nesta actividade tivemos a oportunidade de mostrar os nosos proxectos "A maxia das árbores" e "Do you want to be green?" aos compañeiros e compañeiras dos centros de Xermade, Gregorio Sanz de Ribadeo e Virxe do Carme de Burela, e coñecer os proxectos que fixeron eles. Ademais, ao longo da xornada, tivemos outras actividades relacionadas co coidado do noso medioambiente, como un contacontos, unha xincana interactiva e varios xogos.
Kits Educación en Valores
Dende o comezo do mes de abril estase a desenvolver na etapa de primaria un programa de educación en valores editado pola "Fundación La Caixa"no que se propoñen distintas actividades relacionadas coa identidade, a responsabilidade e a convivencia. Un programa plantexado polo observatorio para a convivencia que pretende orientar a intervención dende a perspectiva da prevención primaria. |
MIGUEL HERNÁNDEZ
Con motivo de celebrarse no 2010 o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández, desde o Club de Lectura do CPI de Castroverde organizáronse sesións de recitado e escenificación dos seus poemas na biblioteca do centro.
Estas son mostras do que compartimos:
EL NIÑO YUNTERO Y EL SOL, LA ROSA Y EL NIÑO
ENTROIDO 2011
O xoves 3 de marzo celebramos o Entroido. Os alumos e alumnas de 2º de Primaria representaron a obra "A rebelión dos electrodomésticos"para Infantil e Primaria. Logo saímos ao patio para bailar e probar doces de entroido. A ANPA do CPI de Castroverde ofreceunos esta degustación da que disfrutaron ao final da tarde toda a ESO.