Xerais do centro
CELEBRACIÓNS DE OUTONO
Este curso celebramos o magosto, coma tódolos anos, con degustación de castañas. Pero ademais puidemos contemplar as exposicións de produtos do outono, de cabazas e traballos de Samaín e Halloween, participar en xogos, concursos e gozar da representación que realizaron os alumnos e alumnas de 3º e 4º no salón de actos. Todo isto estivo acompañado do traballo previo nas aulas. Clicando nos enlaces podedes ver máis fotos destes eventos. Proximamente engadiremos o vídeo da actuación de 2º ciclo.
REVISTA SEMENTEIRA 2011
O novo número da revista Sementeira xa se pode descargar aquí.
CELEBRACIÓNS DE FIN DE CURSO
Este fin de curso houbo actuacións dos alumnos do Conservatorio de Música e Danza de Lugo, xogos no patio, entrega de orlas aos alumnos que remataron 4º de ESO, coreogrfía, baile de salón, karaoke, fútbol, homenaxe de alumnos que se van aos seus profesores...
FESTA DA ANPA
Como ven sendo costume neste últimos anos, este fin de curso tivemos unha tarde de xogos no patio con hinchables, globoflexia e espuma. Pasámolo moi ben.¡Cando volverá ser fin de curso!
"Gran a gran" presentación dos proxectos Axenda 21
O noso Salón de Actos convertiuse hoxe en sala de conferencias, onde un numeroso grupo de "expertos en medioambiente" presentou os proxectos desenvolvidos durante o curso:
- O alumnado de 4º de Primaria aconsellounos sobre como manter comportamentos respetuosos co entorno na nosa vida cotiá.
- O alumnado de 2º de Primaria falounos da maxia das árbores e contounos que se están a plantar cada vez máis eucaliptos (unha árbore prexudicial), mentres que cada vez hai menos castiñeiros e carballos.
- O alumnado de 6º de Primaria presentou os instrumentos que construiron con materiais de refugallo, despois de reflexionar sobre o lema "Pensa antes de tirar, se podes reutilizar".
- Por último, Tamara e Noel, de 3º de ESO, faláronnos sobre os cogomelos, como coidar as zonas nas que medran e como realizar unha correcta recolección.