Xerais do centro

Actividades do centro

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE DANIEL DÍAZ

O noso profesor Daniel Díaz Trigo foi o gañador do primeiro Premio Galicia de Fotografía Contemporánea co proxecto Posesións para un Esquecemento. Acaba de editarse o libro que recolle e complementa a colección de fotografías e textos do proxecto. O día 16 de maio, Daniel presentounos a todo o centro en dúas sesións, o seu libro e falounos un pouco de como fixo esta obra.

panoramica

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio celebramos o festival das Letras Galegas con varios recitados de poemas e exposicións relativas ao autor homenaxeado e a historia desta conmemoración. 

DÍA DA ÁRBORE

En marzo celebramos o Día da Árbore, pero como o tempo non nos acompañou, plantamos o noso loureiro algúns días despois. Agardamos que medre paseniñamente.

PROTOCOLO NA MESA

O xoves 13 de marzo recibimos a visita da profesora María salomé Alonso Pintado, experta en protocolo. Impartiu conferencias sobre Saber estar na Mesa a tódolos alumnos e alumnas do centro, dende 1º de Primaria ata 4º da ESO, así como a colaboradore de comedor e profesorado.

 

MÁIS FOTOS

Distribuir contenido