CABINET DE CURIOSITÉ

 

Xa pasaron pola biblioteca os primeiros exploradores do "Canibet de curiosités"

Ver en Instagram

DYNAMIC ENGLISH IN ESO

Empezamos  as nosas clases de inglés cun xogo cooperativo. Neste caso, implementamos unha dinámica de expresión oral e escrita na lingua extranxeira na que tiñamos que recoller  a máxima información posible dunha  compañeira ou compañeiro elixido previamente, sempre guiados pola música e as súas pausas.

 

Participaron con entusiasmo respetando as secuencias  de acción e pausa do xogo ó ritmo de Rosalía.

OS ODS na biblioteca

A biblio do CPIP de Castroverde comeza o curso pisando forte. 
 
A decoración didáctica da volta ao cole do CPIP deste ano é unha pequena  expo que pretende fomentar a reflexión.
 
Ademais de facilitar o acceso aos libros, o papel da biblio é de informar ás persoas.
Por isto, neste arranque de curso escolar, ademais de presentar a nosa nova temática anual,  axudamos a difundir e a explicar a axenda 2030. 
Deste xeito, tanto o profesorado, coma os non docentes, as familias e o alumnado saberán de que falamos cando mencionamos os ODS.
De feito, como xa o dixen, é parte da nosa temática anual. O noso lema para este curso é "ReciclArte. A biblio dá a lata" (imos incidir -entre outras cousas- sobre as problemáticas medioambiantais). 
 De paso, xa que non perdemos comba coas TICS, aproveitamos para ensinar ao alumnado cousas  que se poden facer cun plotter de corte.
 
Como ides ver, tamén é unha actividade transversal: a nivel de contidos e a nivel de idades. Incluímos a tod@s!
 
A expo vai acompañada dunha proposta de actividade prevista para unha sesión ou 2 de clase co docente / titor da clase.
 
 
 
 
   

 

EN XULLO QUENTA O SOL NO NOSO HORTO!

Mais non pasa nada, o equipo do horto coida de que as plantas non pasen sede mentres @s nen@s descansan. Estes días, podemos observar os bos resultados do traballo realizado polo alumnado de todas as idades durante o curso escolar que acaba de rematar. E non é pouca cousa, xa aparecen flores, xudías, remolachas,  tomates, calabacíns, garavanzos e outras marabillas da terra! Temos unha boa mostraxe de diversos produtos e sobretodo moitas ideas novas para o vindeiro curso.

MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23


 

PREMER NO LIBRO OU NO ARQUIVO ADXUNTO PARA DESCARGAR O LISTADO DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2022/23

Distribuir contenido