GRUPOS INTERACTIVOS EN SEXTO DE PRIMARIA

 

Neste segundo, en sexto de primaria, continuamos cos grupos interactivos. Nesta ocasión contamos coa colaboración dun arquitecto de Castroverde. Dende aquí damoslle as grazas pola súa axuda desinteresada. Tamén seguimos con Alba, Montse e Marta. Ata o terceiro trimestre!!

EDUCACIÓN EMOCIONAL E COMUNICACIÓN NON VIOLENTA

Sesión de formación do alumnado  sobre educación emocional e comunicación non violenta con Nélida Zaitegi.

DÍA DAS MATEMÁTICAS: O NÚMERO PI

Póster elaborado polo alumnado de 2 de ESO.

 

Ademais de diversas curiosidades moi interesantes  sobre o número pi, ten na parte inferior os decimais representados coas barras.

MARCH MADNESS 2023. ENGLISH ACTIVITY ABOUT AN AMERICAN TOURNAMENT

O noso auxiliar de conversa americano Noah Forslund puxo en marcha o novo _MARCH MADNESS 2023_ conseguindo que o alumnado sentira a emoción dun torneo que marca de pleno  a vida deportiva americana nestas datas.

Fixeron as súas previsións sobre quen gañaría este torneo e mantemos a intriga final á espera dos resultados definitivos sobre o equipo gañador. 

Espéranse sorpresas para o alumnado que acerte este "tournament bracket" masculino e próximamente faremos  outro sobre o torneo feminino.

 

Cal será o premio final? Surprise,surprise!!☺️

Distribuir contenido