DÍA DO MEDIO AMBIENTE EN EP

En Educación Primaria celebramos o día do medio ambiente voa elaboración dun mural ben bonito no que se reflexan as nosas prioridades cara ao futuro.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE EN EI

O alumnado de infantil celebramos o DÍa do Medio Ambiente facendo un mural e reciclando tapas de plástico das nosas merendas.

COLLEITA DE PRIMAVERA

Na primavera colleitamos os allos porros que sementamos no outono.Cando as plantiñas están ben de tamaño, é momento de apañalas

DESPEDIDA SORPRESA A NOAH FORSLUND

 

O 31 de maio o alumnado de secundaria cantou a canción "Leaving from Castroverde", composta por Noah Forslund. Os grupos de primaria acudiron tamén para ver a como Noah recibía esta emotiva homenaxe. Non faltaron choros, apertas e unha pancarta elaborada na clase de Plástica. 

Temos que agradecer a Noah o gran traballo que fixo, a súa alegría e bo humor, o aprecio pola nosa cultura e a súa bondade. Fomos moi afortunados de compartir estes tres últimos anos con el.

Moita sorte Noah!!!

INTERCAMBIO CO CPI LÓPEZ SUÁREZ DE FRIOL

 

O alumnado de 3° ESO tivo un encontro do Club de Lectura co alumnado do CPI López Suárez de Friol .Xuntámonos  primeiro en Friol. Na biblioteca do centro intercambiamos comentarios sobre a obra que leramos en común : "Instrucións para tomar café' de Núñez Singala. Despois fixemos unha visuta guiada ao Castelo de San Paio de Narla.

O día que nos xuntamos en Castroverde ,fixemos unha visita á Igrexa de Vilabade e á Torre Homenaxe do Castelo de Castroverde e,na biblioteca do centro, o alumnado de ambos os dous centros escenificaron algúns dos relatos da obra lida . Entre os relatos elixidos estaban ,entre outros, "Cocido familiar", "A excursión " ou "Exceso de celo".Ao final da mañá xantamos xuntos na Veiga do Olmo. 

Foi unha actividade que gustou moito. 

 

Para o curso que vén, organizaremos outro enconto.

Distribuir contenido