NOVO CURSO DE PRIMEIRO DA ESO

O departamento de inglés dá a benvida o novo alumnado de 1° de ESO, que inicia unha etapa de novos desafíos. Este alumnado procede do colexio do cádavo e do noso centro e afronta este novo curso  deixando atrás a etapa de Primaria e ás súas antiguas profesoras ás que lles agradecemos o traballo e dedicación  co seu alumnado.

Para romper o xeo e coñecernos implementamos esta actividade que levamos a cabo nos primeiros días de clase.

Cada estudiante e a propia profesora deseñaron a súa estrela con información en modo de código  que o resto debía descubrir a través de" Yes/No questions".Algúns datos foron moi difíciles de descubrir pero resolvimos 6 estrelas e con elas seis segredos do noso alumnado aunque tamén algún dos da profesora como o nome da sua mascota Seve.

BENVIDA Ó NOSO AUXILIAR DE CONVERSA EN LINGUA INGLESA!

Dende o departamento de inglés damos a benvida ó auxiliar de conversa en lingua inglesa Saransh que de novo procede de India.

 

Implementamos, nos cursos de secundaria, unha dinámica  en grupos donde traballamos a interacción  oral aportando e recibindo información sobre a súa vida e hábitos. Os grupos ,de carácter heteroxéneo,permitiron a inclusión e participación  de todo o noso alumnado que,coa súa aportación contribuiu a resolver a curiosidade do alumnado sobre o novo auxiliar e os seus gustos.

NOVO ÉXITO NOS RESULTADOS DOS EXAMES DE TRINITY!

Noraboa ó alumnado que se presentou ás probas de competencia lingüística en lingua inglesa de Trinity nos niveis B1,B2. 

Cun 100% de aprobados e resultados con altas cualificacións Merit e Distinction.

Agradecemento ó profesorado  que voluntariamente axudou a preparar as probas e ó alumnado polo seu esforzo e competencia.

PROBAS TRINITY

Celebráronse a mañá do sábado, 29 de xuño.

Distribuir contenido