Se a muller avanza o mundo tamén

mulller avanzaO CPI de Castroverde acolle dende o 12 ao 30 de maio unha exposición fotográfica da asociación INTERED coa que se pretende promocionar a igualdade para o desenvolvemento. Os paneis describen os problemas xerados polas relacións desiguais entre homes e mulleres e destacan algunhas das achegas que as mulleres fan para a consecución dun futuro mellor.

Ademais esta exposición dispón de unidades didácticas para traballar actitudes de promoción da igualdade de xénero en sesións de titoría.

 

O son das buguinas

"O son das buguinas" é un libro solidario, "un xeito de transmitir a voz das persoas que non a teñen..."
Unha metáfora da escritura comprometida coa cooperación que invita a reflexionar sobre a necesidade dunha acción permanente na resolución da pobreza para evitar e previr desastres como a tsunami do 26 de decembro de 2004.
A asociación implicadas organiza Clubs de lectura que pretenden provocar a reflexión sobre os problemas que afectan ao mundo, como a inxustiza, a desigualdade ou a pobreza, a través da situación presentada nunha obra literaria.
Dende o venres 4 ata o lúns 21 de abril pódese visitar no CPI de Castroverde unha exposición sobre este traballo.

Regueifeiros

Os Regueifeiros en Castroverde

A asociación de amigos do patrimonio de Castroverde trouxo ao noso centro a dous regueifeiros, Lois Caruncho e Benito Lobariñas, uns mestres da retranca que explicaron ao alumnado os segredos desta loita dialéctica de longa tradición en Galicia. As regueifas constituen unha arte que mistura música, poesía e creatividade e que pode ser considerada precursora do Hip Hop ó tratarse de cancións improvisadas, de rima sinxela e temática social.

Expo Etiopía

 

 O CPI de Castroverde acolle estes días a exposición da fotógrafa Mª Luz Doval, que no ano 2006 fixo un percorrido por Etiopía recollendo imaxes das tribos do país, os Hamer, os Arboré...  Homes e mulleres que amosan unha cultura que parece resistir a globalización.

"As veiras do río Omo está un poboado Galeb. Unha planicie polvoríñenta na que cae o sol a chumbo. Os Galeb e os Dasane son agricultores e pastores..."

Trátase de Un traballo de campo con valor antropolóxico que posúe unha beleza didáctica.

 

 

 

O novo bacharelato 2008

As novas ensinanzas do Bacharelato comezarán a impartirse o vindeiro ano académico 2008/09 para o primeiro curso e no 2009/10 para o segundo. Estas ensinanzas están marcadas pola Lei Orgánica de Educación e reguladas polo Real Decreto de 2/11/2007


Novidades

 

Distribuir contenido