Viaxe á neve

00/00/

Os alumnos de 4º de ESO están de viaxe en Andorra.

Mira que ben o pasaron o ano pasado.

 

A21 ESCOLAR

 
O CPI CASTROVERDE pertence á rede de centros A21 Escolar de Galicia. Un programa que busca implicar aos centros de ensino galegos na educación para a sostibilidade.

Quérote

 

O venres 7 de novembro desenvolveuse no centro un obradoiro de información afectivo-sexual para o alumnado de 4º curso da ESO. O evento foi desenvolvido polo persoal da Rede de centros "Quérote", orientados á promoción da saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais. Para facer consultas de xeito confidencial dispón dun teléfono de información 902 14 16 17. Ou na web da asociación.

 

Mobilízate nas aulas

mobilizate nas aulas

Unha proposta didáctica do Consorcio Audiovisual de Galicia, co obxectivo de dotar ao alumnado dunha alfabetización audiovisual básica, fomentar o espírito crítico ante o audiovisual e potenciar o coñecemento do audiovisual galego. O proxecto foi desenvolvido na etapa de secundaria e os traballos pódense visionar no enlace mobilizate nas aulas

Ponte nas ondas

5º primaria

O alumnado de 5º curso de primaria do CPI de Castroverde realizou un programa de radio para "Ponte nas Ondas", que será emitido o vindeiro 6 de xuño a través da internet. O obxectivo era analizar os cambios que se foron producindo na comarca atendendo ás melloras no transporte e nas comunicacións e reflexionar sobre a incidencia de esta circunstancia na modificación dos hábitos de vida. Fotos  / Enlace ao audio 2008 

Distribuir contenido