VISITA A VILADONGA E CONCERTO DE DANI

O 9 de febreiro, os alumnos a alumnas de primaria Asistimos ao concerto de Dani Griffin, profesor de inglés e autor de moitas das cancións que aparecen nos libros de Oxford. Alí cantamos, bailamos e actuamos.

Despois fomos a ver o museo e o castro de Viladonga. Paseamos entre as casas e incluso subimos ás murallas.

DIA DA PAZ

Celebramos o día da Paz, o día 30 de xaneiro.

TEATRO EN LINGUA INGLESA

O vindeiro luns 8 de febreiro o alumnado de 1º e 2º ciclo de secundaria asistirá á representación teatral da obra en inglés " Messenger friends " que terá lugar no colexio San Xosé de Lugo ás 11.15 da mañá.

A compañía teatral Eina d´Escola realiza a 25ª campaña de teatro para escolares cun espectáculo divertido e didáctico que posibilita que o alumnado aproveite as ventaxas que supón asistir a unha representación en directo.

 

CONCURSO FERTIBERIA

Os alumnos e alumnas do 1º e 2º ciclo de Primaria recibiron os diplomas pola participación no  XIV Certamen de Dibujo de Fertiberia. Non caeu ningún premino centro pero o importante é participar! 

Debuxos premiados

" EL CHICO"

Os nenos e nenas de 5º e 6º foron a Lugo ver o film de Charles Chaplin " El Chico", dentro das Actividades Caixanova.

 

Distribuir contenido