ABRAPALABRA

O 25 de xaneiro o mago Carlos Coria fíxonos rir a gargalladas co seu espectáculo de maxia ABRAPALABRA. Como podedes comprobar nas fotos, non nos aburrimos nada. E ademáis regalounos un libro a cada un para que poidamos aprender a facer os seus trucos e moitos máis.

público

 

 

¿SABÍAS QUE PAPÁ NOEL ESTIVO NO COLE DE CASTROVERDE?

 Papá Noel en Segundo

Podes comprobalo con esta foto, pero aínda temos moitas máis.

Pincha aquí para ver as outras.

NADAL 2010

O 22 de decembro celebramos o inicio do nadal coa celebración dun festival no que houbo teatro, panxoliñas, chistes e incluso receitas. Cando rematamos disfrutamos dun xantar especial con marisco, pizza e postres típicos destas datas.

festival

Fotos do festival

 

Excursión á Ribeira Sacra á través do programa km 0

O día 17 de novembro de 2010 os alumnos/as de 5º e 6º de primaria fixemos  unha viaxe pola Ribeira Sacra a través do programa km 0 patrocinado pola Deputación de Lugo.

Fomos á zona do Saviñao, ao Ecomuseo de Arxeriz (dedicado en gran parte ás labores e apeiros da viticultura), ao mirador "O cabo do mundo", á praia da Coba onde embarcamos nunha zódiac polo río Miño ata a illa de Sernande e logo visitamos a igrexa de Chouzán.

Pola mañá visitamos o Centro de Interpretación do río Rato, así como fomos recibidos na Deputación pola Vicepresidenta Lara Méndez e a concelleira de Xuventude do Concello de Lugo.

Foi unha viaxe moi interesante onde vimos moitas cousas e o pasamos moi ben.

Ver máis fotos na galería.

EXCURSIÓN A BURELA

A pesar da choiva e do mal tempo marchamos de excursión e todo foi ben. Visitamos Alúmina onde aprendimos o proceso para facer o aluminio e a grande cantidade de enerxía que se precisa. Vimos un vídeo e fomos pola fábrica no autobús cun home da terra que traballa alí e que nos explicou todo moi ben. El e o seu compañeiros fóronnos explicando todo o proceso de transformación, as medidas de seguridade, os riscos, o intento de non contaminar…alí plantamos unha árbore  e regaláronnos unhas camisetas e un pouco de aluminio das probas de resistencia. Despois fomos a Sargadelos e nos asombrou o tratamento bastante manual das pezas. Vimos como ían pintando e repasando peza a peza. ¡Menudo traballo!. Despois comimos, paseamos e fomos o concurso de Robótica e logramos programar os ordenadores robots…¡Incrible!

 


 

Foto de grupo

Ver fotos

Distribuir contenido