SAÍDA Á MARRONDA (O CÁDAVO)

A Marronda é un dos bosques de faias máis importantes de Europa. Está incluido na Rede Naura 2000 e é Reserva da Biosfera. É un lugar de interese comunitario(LIC).
Os alumnos de 1º e 2º de ESO visitámolo o día 17 de xuño como complemento ao que estudamos en ciencias naturais. Acompañáronnos as profesras Nélida, Luisa e Beatriz.


Grupo de alumnos


Fotos

Xuntanza A 21 do alumnado de secundaria

Xuntanza A21 secundaria

O alumnado de e 3º DC da ESO acudiu o xoves 26 de maio ao Pazo da Cultura de Pontevedra para facer a presentación dos traballos desenvolvidos para Axenda 21 durante o curso 2010/2011. Unha xuntanza na que participaron mais de 300 alumnos e alumnas dos disferentes centros de ensino galegos. Galería.  

OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

cartel


O día 6 de xuño celebrouse en Lugo a V Olimpíada Tecnolóxica. Participaron o IES Leiras Pulpeiro, que foi o organizador, e os centros de Castroverde, Castro Caldelas, Cervantes e o Caurel. Na zona vella instaláronse diversas probas tecnolóxicas. A ciencia, baixo o lema "Sapere Aude" (atrévete a saber), tomou a ciddade: uns na Praza Maior, outros no Museo, na Praza do Campo ou no fermoso claustro da Catedral... A mistura entre a técnoloxía e a antigüidade asolagou as rúas de cores diferentes, a cidade estaba enchida de mocidade. No medio das probas tomamos un aperitivo e continuamos coas probas. A relación entre todos foi moi positiva, coñecemos xente nova e aprendemos moitas cousas. Despois fomos comer ao Leiras Pulpeiro onde nos fixeron e serviron o xantar os alumnos do IES San Xillao, entre os que estaban algúns alumnos do Centro que recibiron o noso aplauso polo ben que o fixeron. Seguidamente viñeron os discursos das autoridades a a actuación do mago Rafa que, coma sempre, nos sorprendeu cos seus trucos e a súa simpatía. A tronada impediunos dar o paseo pero fómonos moi satisfeitos e cunha nova experiencia na mente. ¡O ano que vén máis!


FOTOS

LETRAS GALEGAS

O día 13 de maio celebramos o día das Letras Galegas. Houbo recitado de poemas, lendas, música e cancións de Lois Pereiro e outros autores traballados nas aulas durante o curso. Na foto os alumnos e alumnas de educación infantil están cantando "A Vaca Marela".



FOTOS

VISITA A AVIFAUNA E CINE EN LUGO

O día 3 de maio os nenos e nenas de 1º ciclo de Primaria visitamos Avifauna, onde poidemos observar aves de todos os continentes, entre elas o urogallo e o voitre que están en perigo de extinción. Despois fomos ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo a ver a película animada “El lince perdido”  que conta como un grupo de animais trata de liscar das redes dun cazador sen escrúpulos.


Distribuir contenido