LECTURA EN FAMILIAS: PEDRO E O LOBO
Na aula de 4 anos seguimos coa lectura en familias. E xa fai unha semanas que nos visitou Cristina a nai de Diego para contarnos o conto: Pedro e o lobo, do que aprendemos moitas cousas. E despois da lectura seguimos a facer a actividade creativadade que temos encomendada. Disfrutamos moito e deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade.
PALABRAS GANDEIRAS
Estes días, para conmemorar o día da Lingua Materna ou Lingua Primeira, andamos na procura da palabra gandeira que máis nos gusta...
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
INTRODUCIÓN:
Esta etapa concíbese como unha continua aprendizaxe.
Nesta etapa iníciase o desenvolvemento das destrezas comunicativas, que evolucionarán dende as primeiras interaccións a través da emisión de sons, da expresión corporal e xestual, ligadas basicamente a satisfacción das súas necesidades primarias, ata a adquisición dos códigos de diferentes linguas e linguaxes para producir mensaxes de crecente complexidade, de maneira eficaz, persoal e creativa.
OBXECTIVO PRINCIPAL:
Participar por iniciativa propia en actividades relacionadas con textos escritos, mostrando interese e curiosidade para comprender a súa funcionalidade e algunhas das súas características.
DESENROLO:
A etapa de educación infantil é a contorna privilexiada para realizar un achegamento progresivo a linguaxe escrita, como forma de comunicación, coñecemento e gozo.
Mediante o achegamento aos textos escritos e a súa exploración, así como a través da observación de modelos lectores e escritores de calidade, espertarase nas nenas e nos nenos a curiosidade por descubrir as súas funcionalidades na medida en que avanzan na comprensión dalgunhas das características e convencións da lingua escrita, increméntase a necesidade de descubrir a información que contén cunha actividade lúdica e de gozo.
A adquisición da habilidade grafomotriz orientada cara a aprendizaxe da escritura entenderase como o inicio dun proceso que debería consolidarse na educación primaria.
COMO INICIA-LA ESCRITURA DENDE A AULA DE TRES ANOS?
É importante partir do nome propio escrito en letras maiúsculas, dado o significado que este ten para o neno e facelo sempre dunha maneira lúdica, é dicir xogando.
Os nomes dos nenos están presentes nas mesas, cadeiras, casilleiros, percheiros, lista de clase, recunchos, material, etc. Isto lles permite familiarizarse co seu nome e co dos compañeiros, ademais de brindarnos que a aprendizaxe sexa funcional, é dicir que lles resulte útil.
- Cada día escríbese na pizarra o nome do encargado e xógase a comparar este nome co dos outros compañeiros. Xogamos a contar letras, comparar nomes largos e curtos, buscar nomes que empezan por unha mesma inicial, escribir o día da semana, etc.
- Ao principio, os xogos de recoñecemento facémolos con dous ou tres nomes, e pouco a pouco, a medida que vaiamos avanzando, iremos introducindo o resto.
- Ó principio podemos escribirlles o nome o terminar cada ficha ou calquera outro traballo que elaboren. Pouco a pouco iremos animándoos para que o fagan eles mesmos, insistindo sempre que o fagan como eles saiban, valorando máis o proceso que o resultado, sempre o ritmo de cada neno. Algúns xa son capaces de escribilo eles mesmos correctamente.
- Seguir o seu nome con pintura de dedos sobre unha ficha, escribilo na pizarra, recoñecer o seu nome nun folio e rodealo discriminando o dos seus compañeiros, buscar as letras dos seus nomes en marcas publicitarias, facelo en plastilina, etc.
Ademais elaboraremos outros materiais cos que traballamos a diario:
- Un deles é introducir nunha caixa tarxetas ou cartóns co nome escrito en maiúsculas de cada neno.
- Noutra caixa, as letras móbiles tanto vogais como consoantes. Están elaboradas con cartolina e plastificadas para evitar que se deterioren. Os nenos teñen a posibilidade de coller o seu “cartonciño” co seu nome e intentalo formar eles mesmos coas letras.
- Cada neno busca a súa tarxeta co seu nome e logo trata de recompoñela coas letras móbiles.
- Tamén elaboraremos con cartulina unha escola e unha casa.
De maneira individual ou en pequeno grupo deben buscar o cartonciño co seu nome (en maiúsculas) é pegalas debaixo da súa foto, o nome dos nenos que non viñeron a escola péganse na casa.
O material está plastificado para evitar que se deteriore co uso e colocamos velcro adhesivo para poder pegar os cartóns cos nomes e fotos. Ademais esta actividade serve para pasar lista.
O facer esta actividade a diario permítenos pasar lista e que os nenos se familiaricen co seu nome e co do resto dos compañeiros.
Outro material que elaboraremos son as tarxetas cos días da semana, o xogo consiste en recordar o nome dos días da semana e que o encargado coloque unha estrela sobre o cartonciño de cartolina que reflexe ese día (a estrella pégase con velcro adhesivo).
Por último, realizaremos unhas tarxetas nas que aparecen representadas cada letra a un animal que comece pola mesma.
A - araña
E- elefante
X - xirafa, etc.
As tarxetas están duplicadas de modo que o xogo consiste en emparellalas, fixándose tanto nas letras como nos animais.
Son moitos os xogos que se poden levar a cabo utilizando as tarxetas, todo depende da creatividade e da imaxinación. Imitalos animais utilizando a expresión corporal, os sons, dar pistas e adiviñar de que animal se trata.
A clave é traballar con este sistema a diario, xa que mediante xogos e actividades aprenden de maneira asombrosa, incluso ata os máis pequenos.
É importante ser constantes, ter paciencia e marcar obxectivos a largo prazo, xa que os resultados se van vendo pouco a pouco pero é moi gratificante e merece a pena.
A final de curso os nenos con so 3 anos son capaces de recoñecer o seu nome, o da maioría dos compañeiros, coñecen o nome de todas as letras, identificándoas tanto nos nome, como noutra palabra impresa, identifican as súas pertenzas, escriben o seu nome correctamente.
Veredes que merece a pena, para iniciar ós nenos na lecto-escritura.
MANUELA PÉREZ OTERO, Profesora de 4º de Educación Infantil