DÍA DA NENA NA CIENCIA

Día da nena na ciencia. Traballamos na aula de 4 anos, 12 mulleres galegas na ciencia. A actividade consistía en buscar a foto da muller que escollian, no libro: Galegas na ciencia e buscar o nome e apelidos e pegalo no seu mural. 

Foi unha actividade moi interesante e motivadora. 

Ademáis de facer un experimento con rotus, leite e algodón.

TERTULIA DIALÓXICA DO 8 DE MARZO

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres, que foi adoptado pola Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas o 16 de decembro de 1977, co obxectivo de eliminar toda forma de discriminación cara as mulleres, promover o seu empoderamento e conseguir a súa plena participación na sociedade.

Ese día, ademais doutras actividades, o grupo de 4º da ESO, realizará unha tertulia dialóxica por videoconferencia cun grupo do CPI As Mirandas. Coma sempre a tertulia esta aberta á participación de toda a comunidade educativa. Nesta ocasión o texto sobre o que versará a tertulia é un capítulo do libro “O poder das palabras” da prestixiosa filósofa Simone Weil, concretamente o capítulo “Non empecemos outra vez a guerra de Troya”.
Achegamos aquí o PDF para preparala, e tamén recomendamos a quen teña oportunidade, escoitar a magnífica voz de Cecilia Bona no audiolibro de Spotify. Serían os 8 primeiros “capítulos” do audiolibro “Simone Weil, El poder de las palabras” que suman uns 25 minutos de duración.

 
 
 

CONCENTRACIÓN POLO DÍA DA MULLER

O venres  8 de marzo faremos unha concentración polo 8M, Día  Internacional da Muller. Será ás 12:00 na pista cuberta e poden participar todas as persoas da comunidade de todas as etapas educativas.

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Pola semana do amor e da amizade, fixemos varias actividades que podedes ver premendo no vídeo.

 

LECTURA EN FAMILIA: MIMI E A XIRAFA AZUL

No seguinte video podedes ver como debuxamos a Mimi  e a xirafa azul, conto que nos veu a ler Cristina, a mamá de Lara.  Un conto no que se traballa a diversidade e do que aprendemos a respetar a todos por igual.

 
Distribuir contenido