APADRIÑAMENTOS NA HORTA
Falando coa profe Mónica de Secundaria, decidimos facer unha actividade conxunta co seu alumnado de 3º ESO. Foron uns apadriñamentos na horta, na que o alumnado de ESO, tiña que axudar ó alumnado de 5º Ed. Infantil a limpar as parcelas e os arredores para poder sementar nos vindeiros días. E os de 4 anos axudaron ós da ESO a plantar uns tomates e pementos na súa horta. Un traballo cooperativo entre etapas, do que aprenden uns de outros. Outro reto máis conseguido no CPI DE CASTROVERDE
A GALIÑA DE MOS VISITA CASTROVERDE
Dentro do plan Proxecta: Mestres Gandeiros, o alumnado de 5º ed. Infantil, estamos a facer un proxecto dos pitiños, que poderedes ver cando o rematemos. Pero agora vámosvos amosar como foi o proceso de incubar os ovos e a espera que se fixo eterna, eses 21 días non paramos de mirar para os ovos, e desde que sairon os 13 pitiños xa foi o máis incríble. Ver como medraban, como comían o penso e bebían a auga do bebedeiro, e como a mestra Elena lles cambiaba a "camiña" todos os días...
O NOSO NOME EN HINDI
Seguimos de viaxe pola India e aproveitando que temos no cole a Ritu, invitámola a que viñera á nosa aula a contarnos cousas do seu inmenso país. E comezamos sabendo como se escriben o nosos nomes na súa lingua materna. Se premedes no video, podedes velo. Foi moi moi interesante a súa visita. Pero aínda hai máis, que vos ensinaremos máis adiante. ....