VISITA AO CASTRO DE VILADONGA
O luns 27 de maio, o grupo de 1º da ESO visitou o Castro de Viladonga. Por cambios de persoal, non puidemos facer o obradoiro que fixemos o curso pasado, pero resultou incluso máis interesante a visita. Comezou a xornada cun vídeo sobre o Castro de Viladonga. Posteriormente visitamos a croa do castro, coas excelentes explicacións de Diego, que incluían investigacións moi recentes (novidades de menos dun ano). Tras o descando para merendar, chegou a marabillosa explicación de Ana sobre o contido do museo, con actividades prácticas, e obxectos manipulables que atraeron moito a atención do alumnado.