CHARLA SOBRE RECICLAXE
O venres tivemos a visita de Cris, de Sogama, que veu a Castroverde para falarnos de reciclaxe. Resultou ser unha charla moi interesante e entretida.
Pensabamos sabelo todo, mais aprendemos cousas novas!
Para comezar xa coñeciamos as 3 R, mais hoxe falamos da 4° R : a de recuperar enerxeticamente, para facer electricidade e biocombustible, é dicir, para producir enerxía.
Por outra banda sabiades vós que hai que chamar o contenedor amarelo "contenedor de envases lixeiros" en vez de chamalo o contenedor de plástico?
E coñecedes os ecodeseños, que son os produtos que danan o menos posible a natureza?
Enteramonos tamén que actualmente o contenedor que máis se enxa na nosa sociedade é o de papel. Polo tanto temos que lembrar aproveitar todas as caras dos folios e usar as partes que quedaron sen escribir.
E despois de usar o papel, coidado! Non podemos tirar papel que ten graxa ou panos sucios no contenedor azul! Esa Pasta que se fai co papel/cartón usado non se pode fabricar se leva residuos e graxa.
Ademais de todo iso, hai que ter moito ollo! Se tiramos unha axenda por exemplo, hai que desfacela e quitar o plástico e as Anillas de metal. Tamén hai que sacar as grapas e os clips dos documentos...
E falando de graxa, lembramos que 1 litro de aceite contamina 100 litros
de auga e que polo tanto hai que botalos en botellas ben pechadas nos contenedores específicos.
Outro dato importante é que nos composteiros non todo vale! Non podemos botar nin cabelos, nin os escrementos das nosas mascotas, nin lácteos, nin aceite!
E como eses trucos, vimos decenas de cousas que podemos facer nós (ou que non debemos facer) para contribuír a limitar a contaminación do planeta.
Agora só queda poñer todo iso en práctica no cole e nas casas! Como xa sabedes, é cousa de tod@s!