EN XULLO QUENTA O SOL NO NOSO HORTO!
Mais non pasa nada, o equipo do horto coida de que as plantas non pasen sede mentres @s nen@s descansan. Estes días, podemos observar os bos resultados do traballo realizado polo alumnado de todas as idades durante o curso escolar que acaba de rematar. E non é pouca cousa, xa aparecen flores, xudías, remolachas, tomates, calabacíns, garavanzos e outras marabillas da terra! Temos unha boa mostraxe de diversos produtos e sobretodo moitas ideas novas para o vindeiro curso.