SAÍDA AO MUSEO INTEGRAL DA MAQUINARIA AGRÍCOLA CLÁSICA EN TRASLISTE, LÁNCARA.

Este mércores 26 de abril de 2017 tivo lugar a visita ao Museo Integrado da Maquinaria Agrícola Clásica na Casa de Vázquez, en Trasliste, Láncara. Asistiron os alumnos de 2º de PMAR, xa que están estudando a historia e a xeografía dende o coñecemento da agricultura e do tractor. 
Marcos Vázquez Marey guiou a estes alumnos a través dunha apaixoante viaxe pola historia do tractor, mentres lles ensinaba a exposición de 6 tractores clásicos situados nun pendello tipo feira, e máis de 100 miniaturas de máquinas agrícolas de todos os tempos, entre outras cousas. A colección está integrada nunha casa de labranza, cuxa produción se orienta, ademáis de ao autoconsumo á gandeiría de carne de primeira calidade, e tamén á produción de mazá ecolóxica para sidra.
Dende o CPI de Castroverde agradecemos a Marcos Vázquez Marey a súa contribución desinteresada á fomación  do noso alumnado, e a súa achega á valoración do rural e do patrimonio galego.